SOLICITUDE BECAS MEC NEAE Curso 2023-2024.
As axudas
para o curso 2023-2024 están dirixidas
a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo,
incluíndo ao alumnado con:
·
Discapacidade.
·
Altas capacidades.
·
Trastorno grave de conduta.
·
Trastorno grave da comunicación e da linguaxe.
·
Trastorno do espectro autista.
A convocatoria destas
axudas para o curso 2023/2024 publicouse o 26 de abril de 2023, e pódense
solicitar desde o 8 de maio ate o 20 de
setembro de 2023.
Como e
cando debes solicitala
A convocatoria para o curso 2023 - 2024 publicouse o 26 de abril de
2023, e pódese solicitar do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023.
Pero non o deixes para o último día, porque tes que imprimir o PDF e
presentalo no colexio antes da data indicada (20 de setembro de 2023).
Segue
estes pasos:
ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA
Todo o proceso de solicitude da bolsa
realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación
Profesional. Unha vez enchido, terás que imprimir o formulario de solicitude
(un PDF) e presentalo no centro educativo no que vas estudar, se non tes
certificado electrónico.
Para iniciar o trámite, pulse aquí: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1886
REXÍSTRATE
-
Para rexistrarte, necesitas un usuario e un contrasinal.
-
Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite neste
Ministerio, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que o volvas a
facer.
-
Se nunca te rexistraches, preme en «Rexístrese» e segue os pasos para
crear unha conta.
- Con Cl@ve (claves
electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles. Se accedes desta
forma, terás que ter todos os certificados (xerarachos a aplicación ao
terminar de completar a solicitude).Terán que ser enchidos e asinados por
quen corresponda (director do colexio, gabinete, inspector de zona...) e
presentados, mediante a aplicación, escaneados, antes do 30 de setembro.
- Mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que che
rexistraches na sede electrónica. Se accedes desta forma, bastará con
que enchas a solicitude, imprimas o PDF que se xera e preséntelo no teu centro
educativo Neste PDF xa están os certificados que necesitas.
ENCHE O FORMULARIO:
1.
Unha vez dentro da aplicación para pedir a axuda, tes que encher o
formulario online.
2.
Le con calma as instrucións do formulario, daranche información que
tes que ter en conta.
3.
Cando termines de introducir todos os datos no formulario, darache
instrucións para imprimir a solicitude e os certificados nun ficheiro en
formato PDF.
4.
No PDF aparecerá a solicitude e os certificados, que servirán para
xustificar que reúnes os requisitos para recibir a axuda. Tamén deberás
imprimilos e presentalos no colexio (antes da data límite para presentar as
solicitudes), para que os enchan e asinen os responsables de facelo (director
ou secretario do centro, equipos de orientación, inspectores, etc.). En cada un
deles aparece quen deberá enchelos e asinalos.
5.
Cando teñas a solicitude en papel, asínaa se es maior de 18 anos.
Senón, terán que asinala o teu pai, nai ou titor.
6.
Tamén deben asinar a solicitude todos os membros da túa unidade
familiar que sexan maiores de 18 anos para autorizar á Administración
Tributaria a obter os datos económicos necesarios.
7.
Unha vez asinada a solicitude, tes que presentala, xunto aos
certificados, no centro onde vaias matricularte. Nalgúns casos, é posible que
necesites entregar, ademais, outros documentos. Consulta, no apartado que
necesitas, os requisitos para saber cales son eses documentos.
Notas:
· Contactar co teu servizo externo e que cubran o modelo de informe
segundo o xerado polo aplicativo ( persoa e número de sesións semanas da
intervención, obxectivos e traballo que se realiza,cuantía económica…)
·
Lembra que é imprescindible presentar todo antes de que acabe o prazo.
· É importante que conserves o xustificante que che devolverán no
centro, selado, para xustificar que presentaches a solicitude.
SEDE ELECTRÓNICA
https://sede.educacion.gob.es/portada.html
MÁIS INFORMACIÓN
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo.html
Para calquera dúbida, aclaración
ou concertar unha cita en relación ás becas / axudas/ subsidios ou documentación a entregar, poden chamar á extensión do Departamento de Orientación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario