Técnica da tartaruga
Unha estratéxia para aprender a controlar a IMPULSIVIDADE
Que é a impulsividade?
A impulsividade defínese como a tendencia a actuar sen pensar. Os nenos e nenas impulsivos acostuman a ter dificultades para pensar nas consecuencias dos seus actos.
As manifestacións de impulsividade poden ser moi distintas dun neno a outro e, ademais, varían ao longo dos anos.
Algunhas características son as seguintes:
- Nos primeiros anos na escola poden manifestar dificultades para solucionar conflitos cos compañeiros e compañeiras, tendendo a pegar ou berrar.
- Acostuman a ter accidentes por condutas de risco.
- Mostras dificultades nas habilidades de conversación: falando sen respectar as quendas e respondendo antes de que o outro termine a pregunta.
- No xogo tamén presentan dificultades para esperar a quenda e seguir as regras.
- Terminan os traballos de clase moi rápido e con mala presentación.
- Necesitan a gratificación inmediata e non toleran ben a frustración.
Que poden facer as familias para axudar aos nenos e nenas a controlar a impulsividade?
- Podémoslle axudar a aprender estratexias de autocontrol pero sempre desde un punto de vista realista, expóndolle retos que poida conseguir.
- É moi importante axudarlles a reflexionar sobre as consecuencias, dialogando con eles sobre o que pode pasar en situacións onde se mostran impulsivos.
- Practicar co exemplo, debemos falar sen perder a calma, se estamos moi enfadados mellor esperar para poder falar con eles sen berrar e con tranquilidade.
- Reforzar positivamente aquelas condutas que sabemos que a eles lles custa (Por exemplo: cando leva un ataco concentrado nunha tarefa, cando solucionou verbalmente un conflito...)
Que é a técnica da tartaruga?
É unha ferramenta de modificación de conduta baseada no autocontrol, dirixida a nenos que carecen de habilidade para xestionar o fracaso, aos que a frustración lles producen rabietas, que pegan a outros, insúltanlles, amólalles e sofren innecesariamente pola súa falta de habilidade para controlar os seus impulsos. É unha técnica de gran utilidade para nenos de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria.
Como facemos?
Con esta técnica preténdese que o neno/a imite a posición da tartaruga e se repregamento dentro dun caparazón imaxinario, ante unha situación na que non poida controlar os seus impulsos e emocións. Para iso:
- En primeiro lugar débese explicar o conto da tartaruga de modo que o neno ou nena se identifique co personaxe principal.
- Unha vez lido o conto ensínaselle a responder á palabra crave "stop", ante unha situación estresante, introducindo o seu corpo no seu caparazón imaxinario:
Queixo no peito,
mirada ao chan,
mirada ao chan,
brazos e puños pechados e en tensión,
estirados ao longo do corpo.
Unha vez aprendido a responder ante esta palabra, ensínaselle a relaxar os seus músculos á vez que fai a tartaruga, xa que a relaxación é incompatible cos comportamentos agresivos, co obxectivo de diferenciar entre as condutas apropiadas das inapropiadas.
- Por último, ensínanselle técnicas de resolución de problemas para responder á situación que lle levou a realizar esta técnica. Primeiro defínese o problema e posteriormente, búscanse respostas e alternativas para decidir cal é a máis correcta, ante cada situación dada.
Aquí vos deixamos unhas ligazóns con vídeos e
recursos para poder empregar esta técnica da tartaruga.
recursos para poder empregar esta técnica da tartaruga.
Unha imaxe que pode servirnos de ayuda
Fonte: www. Educapeques.com
Agardamos que poda ser útil!
No hay comentarios:
Publicar un comentario