viernes, 30 de octubre de 2020

Aprender a controlar a impulsividade

 Técnica da tartaruga


Unha estratéxia para aprender a controlar a IMPULSIVIDADE


Que é a impulsividade?
impulsividade defínese como a tendencia a actuar sen pensar. Os nenos e nenas impulsivos acostuman a ter dificultades para pensar nas consecuencias dos seus actos.






As manifestacións de impulsividade poden ser moi distintas dun neno a outro e, ademais, varían ao longo dos anos. 

Algunhas características son as seguintes:
  • Nos primeiros anos na escola poden manifestar dificultades para solucionar conflitos cos compañeiros e compañeiras, tendendo a pegar ou berrar.
  • Acostuman a ter accidentes por condutas de risco.
  • Mostras dificultades nas habilidades de conversación: falando sen respectar as quendas e  respondendo antes de que o outro termine a pregunta.
  • No xogo tamén presentan dificultades para esperar a quenda e seguir as regras.
  • Terminan os traballos de clase moi rápido e con mala presentación.
  • Necesitan a gratificación inmediata e non toleran ben a frustración.



Que poden facer as familias para axudar aos nenos e nenas a controlar a impulsividade?

  •  Podémoslle axudar a aprender estratexias de autocontrol pero sempre desde un punto de vista realista, expóndolle retos que poida conseguir.
  •  É moi importante axudarlles a reflexionar sobre as consecuencias, dialogando con eles sobre o que pode pasar en situacións onde se mostran impulsivos.
  •  Practicar co exemplo, debemos falar sen perder a calma, se estamos moi enfadados mellor esperar para poder falar con eles sen berrar e con tranquilidade.
  • Reforzar positivamente aquelas condutas que sabemos que a eles lles custa (Por exemplo: cando leva un ataco concentrado nunha tarefa, cando solucionou verbalmente un conflito...)


Que é a técnica da tartaruga?
É unha ferramenta de modificación de conduta baseada no autocontrol, dirixida a nenos que carecen de habilidade para xestionar o fracaso, aos que a frustración lles producen rabietas, que pegan a outros, insúltanlles, amólalles e sofren innecesariamente pola súa falta de habilidade para controlar os seus impulsos. É unha técnica de gran utilidade para nenos de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria.


Como facemos?
Con esta técnica preténdese que o neno/a imite a posición da tartaruga e se repregamento dentro dun caparazón imaxinario, ante unha situación na que non poida controlar os seus impulsos e emocións. Para iso:

-  En primeiro lugar débese explicar o conto da tartaruga de modo que o neno ou nena se identifique co personaxe principal.

-  Unha vez lido o conto ensínaselle  a responder á palabra crave "stop", ante unha situación estresante, introducindo o seu corpo no seu caparazón imaxinario:


 Queixo no peito, 
mirada ao chan, 
brazos e puños pechados e en tensión, 
estirados ao longo do corpo. 

Unha vez aprendido a responder ante esta palabra, ensínaselle a relaxar os seus músculos á vez que fai a tartaruga, xa que a relaxación é incompatible cos comportamentos agresivos, co obxectivo de diferenciar entre as condutas apropiadas das inapropiadas.

-  Por último, ensínanselle técnicas de resolución de problemas para responder á  situación que lle levou a realizar esta técnica. Primeiro defínese o problema e posteriormente, búscanse respostas  e alternativas para decidir cal é a máis correcta,  ante cada situación dada.



Aquí vos deixamos unhas ligazóns con vídeos e 
recursos para poder empregar esta técnica da tartaruga.





Unha imaxe que pode servirnos de ayuda

Fonte: www. Educapeques.com



Agardamos que poda ser útil!

lunes, 26 de octubre de 2020

Xogamos e melloramos a nosa ortografía

 Oca ortográfica

Xogamos?


Aquí deixamos a ligazón a un xogo moi interesante para mellorar a ortografía. 
Útil para o alumnado con disortografía ou dificultades na ortografía.
Trátase dunha oca ortográfica compartida por Orientación Andujar.

Premede na imaxe para acceder ao recurso e descargalo.






Aquí deixamos tamén a ligazón a uns 
xogos online para mellorar a ortografía.
Dirixido a todos os cursos de Primaria.
Premede na imaxe para acceder.




Elemental querido Watson.
Xogo online para Primaria



Outra ligazón de interese


Ortografía cos Vedoques

jueves, 22 de octubre de 2020

Matemáticas... divertidas!

Bo día!

Comparto convosco dous xogos online nos que imos poñer en práctica o noso coñecemento matemático! Estades preparados/as?


INFANTIL

Aquí temos un bingo numérico! Con el traballamos a identificación dos números do 1-10.

Tocarache o cartón premiado?! Non sabemos... vas ter que probar! Clica na imaxe para comezar!


PRIMARIA

Aquí está! Un xogo online no que traballaremos as operacións matemáticas. Para iso, só terás que elixir a operación que queres practicar e colocar os números extraviados. Serás quen de conseguilo? Proba e xa me contarás!

Clica na imaxe para comezar!




Quen dixo que as mates non poden ser divertidas? 😉

XOGOS ONLINE

 

Hoxe comparto convosco dous xogos online para traballar a discriminación auditiva e a atención.

Espero que vos gusten!

No primeiro, podedes escoitar sons da escola, do barrio, de xoguetes e da granxa.

 

No seguinte xogo, o obxectivo é buscar dúas tarxetas iguais:

 


lunes, 19 de octubre de 2020

Minimanuais

 Algunhas ideas sobre orientación.

Hoxe queremos compartir con vós algúns recursos de interese en relación a:

  • Desobediencia
  • Atención
  • Impulsibidade
  • Amigos imaxinarios
  • Autonomía
  • A morte
Agardamos que vos podan servir de utilidade.


miércoles, 14 de octubre de 2020

Recursos para a relaxación

 Recursos para relaxarnos


A continuación propoñémosvos uns recursos interesantes 
para traballar a calma e relaxación na casa coas nenas e nenos.



TABOLEIRO
Preparamos este taboleiro con ligazóns a diferentes materiais.
Tedes recursos para a relaxación, a respiración, música, o frasco da calma, 
ioga, mandalas...

Usade a barra de desplazamiento inferior para poder ver todo o taboleiro.



Hecho con Padlet

lunes, 5 de octubre de 2020

Emocións

 Emocións para todos e todas


Hoxe deixamos estos recursos interativos de emocións.
Están especialmente indicados para Educación Infantil e 1-2º de Educación Primaria.
Así como para alumnado con NEAE
Agardo que lle podades sacar rendemento.



Premede en cada unha das imaxes para poder xogar.
Recursos pertencentes á web de zcpsicologos.es



As emocións




A ruleta das emocións



Esfúmate



Cada ovella coa súa parella



E outro recursos interesante

Un mundo emocionante
Recurso de Educaixa para recoñecer mellor as emocións





Agardamos que sexa de utilidade!