Día Internacional das persoas con discapacidade
3 de decembro
O Día Internacional das Persoas con Discapacidade foi declarado en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. O obxectivo desta xornada é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.
As Asociacións que traballan en prol das persoas con diversidade funcional da nosa zona colaboran na inciativa "Baixo o mesmo paraugas" co que se quere dar visibilidade e reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade na sociedade.
Nós imos abrir o noso paraugas para apoiar esta iniciativa.
E vós?
Animádesvos?
Deixámosvos tamén uns contos para falar da diversidade.
Por cuatro esquinitas de nada.
Unha historia que fala da aceptación, a superación e a autoestima.
El cazo de Lorenzo.
Conto metafórico que achega a diferenza ás nenas e nenos.
Cuerdas
Fermosa historia sobre a convivencia.